top of page
DSC_0788.JPG

OFICIOS TRADICIONAIS: 

reinventarse ou morrer, ou morrer reinventándose.

As profesións propias de cada lugar forman parte da cultura do seu pobo, tal e como o fan as linguas ou as tradicións. Os oficios que existiron e existen, forman parte da historia e da tradición do pobo no que viven, ou viviron. Tendo en conta que a esencia dun pobo reside na súa cultura e na súa historia, se as esquecemos, perdemos a identidade que nos fai ser quen somos.

​

Algúns oficios tradicionais como son o do afiador, o do canteiro ou o do zoqueiro, tiveron que reinventarse para conseguir perdurar no tempo, e deste xeito, chegar vivos aos nosos tempos. Pero a esencia, a razón de ser e de existir, perdérona polo camiño, e con ela, uns saberes únicos que conforman un saber popular, que cada vez, é menor. En palabras de Castelao, a tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas do noso chan. A tradición non é a historia, é a eternidade, e para que isto siga sendo así moitos anos máis, é necesaria unha labor de recuperación histórica que sexa capaz de establecer unha memoria colectiva, que sexa consciente da existencia e valor destes oficios, compoñentes da nosa identidade, do que nos fai ser quen somos.

 

Zoqueiros, afiadores, canteiros, e rapadores eran oficios moi comúns na Galicia de comezos do século XX. Benito Carballo, Alberto Geada, Alberto Fernández e Anxo Castiñeiras son catro personaxes que manteñen vivos estes oficios. Que dunha maneira máis ou menos reinventada, manteñen viva a memoria e a tradición.

Foto: Icía Diéguez

Oficios
Pegada cultura
bottom of page